images/cabeceras/head02.jpg
Mozilla Firefox   Validar XHTML   Validar CSS

24/05/10::EXITO DAS TROPAS DO IMPERIO!!!

O exito co que se celebrou o desfile do dia 21- imperialstormtroopers , non fai mais que corroborar o que sempre dixo este Colectivo, que desde as institucions ignoran e menosprecian as iniciativas xurdidas dos veciños santiagueses con inquietudes distintas, e con iniciativas a todas luces exitosas. Esta falta de aopoio acaba desmotivando, pero a lección que todolos involucrados no desfile deron o venres, solo necesita que alguen teña as ourellas abertas. Non sei si notachedes que coa calor que fixo o venres nin habia unha ambulancia para prever calquera continxencia (golpes de calor, etc,) non estaba proteccion civil (dous representantes ao final do desfile). Nun xornal dixeron que habia mais de 15000 personas, non sei, inda que foran 1500. En resumen NORABOA AOS ORGANIZADORES; mais que nada por ter "a forza" pese as trabas que toparon no seu camiño, Noraboa aos colaboradores por veren nesta iniciativa algo tan atractivo, Noraboa aos participantes porque esto non seria posible sin eles e sin o seu incansable e grandisimo traballo que solo quen o veu podera valoralo .NORABOA

13/05/10::xa estan aqui

O Colectivo da a noraboa a iñaki e a todo o equipo de imperialstormtroopers por esta iniciativa tan inusual e atractiva, desexamos que todo vaia sugn o previsto, e lamentamos que polas circunstancias que xa coñecedes non podamos participar no desfile. ANIMO e que "a forza vos acompañe". Ese venres santiago será unha cidade mais interestelar si cabe.

11/03/10::Xestiona o teu grupo con un desconto do 50%

O Colectivo pon en marcha unha modalidade de descontos novedosa, Consigue un grupo de 10 parellas e a clase de baile sairavos por 12,50€ ao mes por persoa (50% de desconto)Este desconto ofrecemolo nos horarios que haxa disponibles e nas modalidades que se imparten na nosa academia en clases dunha hora semanal, aproveitade esta ocasion única, e xa sabedes poñede a funcionar o facebook coas vosas redes de amigos. Contactade no mail.

11/03/10::contratacion deputacion

xa faltan poucos dias para que remate o plazo para poder contratar á nosa compañia pola rede da deputación. No enlace de Espectáculos podedes ver o que ofrecemos e acceder aos modelos de solicitude

11/03/10::fotos lindy hop

hoxe colgamos unha pequena galeria de liny hop na seccion das fotos do grupo de baile, esperamos que vos gusten,

11/03/10::Cursos 2010

Estan en marcha os cursos do ano 2010, animadevos a matricula está sempre aberta,con parella, en tangos e baile de salon, sen parella en bailoterapia,

11/12/09::Bo Nadal

O colectivo Danzon quere desexarvos felices festas con este video

   

30/11/09::Exitoso 1º MAGOSTO bailado

Pese ao temporal de chuvia evento que tivemos,bastantes amigos pasaros polo magosto.Inda que no bailamos moito, si que comemos castañas ( e bebemos viño)

25/10/09::1º MAGOSTO bailado o dia 28 de novembro

Dentro das actividades de conmemoracion do noso 15º Aniversario, o dia 28/11/09 celebraremos o MAGOSTO no campo de Conxo, en colaboración co centro sociocultural, VEN BAILAR!! e a comer castañas, claro

20/11/09:: Latinos "Estilo Femenino" con NEREA ALCONADA dia 29/11/09



O dia 29 de Novembro as 18:30 celebramos unha nova clase de latinos "estilo femenino", dado o límite de alumnos é importante que vos inscribades canto antes, facedeo ou chamando a Loli (tlf.- 639837923) ou escribindo ao noso enderezo electrónico.

25/10/09:: Estes erámos Danzón hai 15 anos ¡¡Feliz aniversario!!


25/10/09:: 15º Aniversario na Festa lantina de Xinzo



O Colectivo de baile Danzón iniciou as celebracións do seu 15º cumpleanos na festa latina que organizou Danzón "A Limia" en Xinzo. Gracias a todos por vir e por compartir este dia con nós. Queremos tamén dalas gracias a tódalas persoas que co seu apoio axudaronnos a chegar hasta aqui (ex- membros, compañeiros do grupo de baile, alumnos, profesores...),tamén a aqueles que trataron de impedilo porque fixeronnod mais fortes, A todos MOITAS GRACIAS. (Pronto haberá mais fotos).

22/09/09:: seguimos Jastando Pista

Hoxe comenzamos oficialmente o curso 2009/2010, e celebramos o noso 15º Aniversario, o importante e que seguimos aqui, e o mellor e que temos xa 15 anos de experiencia ensinando a bailar. Este ano incorporamos á escola novos "profes", e modalidades como salsa en linea, Zouk, flamenco, claqué, ioga, Pilates, seguimos na linea de swing(lindy hop), todo elo sin sair dos clásicos de bailes de salon , Latinos, tango Bailoterapia. Esperamos verte pola nosa escola, e agardamo-la tua chamada para preguntar os horarios que hay dispoñibles este ano. VEN BAILAR!!

25/10/09:: Festa exhibicion Latinos2009



O Colectivo de baile Danzón quere dar as Gracias a tódolos participantes na festa, tanto artistas como público,en especial aos bailarins do colectivo Danzon, esto daranos folgos para tentar realizar o evento nos próximos anos.GRACIAS A TODOS-Pronto colgaremos unha galeria.estade atentos e non dudedes en pedirnos algunha foto das que vexádes.

26/06/09:: Hoxe finou Michael Jackson

Desgraciadamente, hoxe no mundo do baile non temos nada que celebrar, alguén estará camiñando sobre a lúa, O colectivo Danzon súmase á dor mundial pola perda, Nos quedamonos coa homenaxe que lle fixemos fai dous anos coa coreografia de Thriller, e cuias fotos podes ver no enlace de fotografias, porque entendemos que o mundo do baile actual non pode explicarse sen os pasos e as coreografias de Michael. Pero o espectaculo debe continuar, e nos bailamos, hoxe en Santiago en mañán en Xinzo, sirva de nova homenaxe, co noso agradecemento ao que MICHAEL fixo polo baile

04/05/09:: 2º Curso de Salsa Estilo femenino

O dia 17 de maio, , celebraremos o 2º curso salsa estilo femenino, a profesora invitada é NEREA ALCONADA, inscrpción no noso mail ou no teléfono de loly 639837923

16/02/09:: 3º Curso de Salsa intensivo Marzo 2009

O dia 15 de marzo,es tras o exito das primeiras convocatorias, celebraremos o 3º curso intensivo de salsa, nas mesmas condicions que o anterior no referente aprecio e matrícula

16/02/09:: Intensivo de Baile Americano 2009

Estamos organizando para o mes de abril unha fin de semana intensiva de baile americano, Lindy - hop, claqué, charleston, fox.tot, e country, si estades interesados contactade no mail, para poder fixar unha data que nos veña ben a todos.

16/02/09:: BarSWINGona 09

Es ano os amigos de ballyball de Barcelona avisannos que en semana santa é o festival de SWING e lindy hop, xa sabedes si queredes ir ciontactade con nos, cantos máis sexamos ....máis barato.

16/02/09:: 2º Curso de Salsa intensivo Marzo 2009

O dia 1 de marzo, despois de votar (si queredes), es tras o exito da primeira convocatoria, celebraremos o 2º curso intensivo de salsa, nas mesmas condicions que o anterior no refernte aprecio e matrícula

02/02/09:: Curso de Salsa intensivo Febreiro 2009

O dia 15 de febrero (domingo) celebraremos un curso Intensivo de bailes latinos cos profesores Belén e Luis Novo. Para inscribirse solo tedes que enviar un e-mail ao noso enderezo electronico. O prezo é de dez Euros por hora, e o horario é de 18 a 20 horas

24/12/08::Bo Nadal

Este ano O colectivo Danzon quere desexarvos felices festas con este video

   

10/11/08:: Cartaz espectáculos 2009



Esta é a base do cartaz anunciador dos espectáculos do grupo/compañía de baile para o ano 2009, esperamos que vos guste, e xa sabedes se queredes que estemos no voso pobo ou cidade reclamádenos.

28/10/08:: BANCO DO TEMPO

Pois en plena crise Bancaria o Colectivo quere poñer en marcha un Banco particular, é un banco de tempo. O sistema e sinxelo, simplemte trocar o teu tempo libre facendo cousas para os demais, recibindo a cambio (interés) servicios que os demáis prestan no seu tempo libre. Si te apetece pertenecer a este banco, axudanos apoñelo en marcha, contactando no noso enderezo electrónico, poñendo no asunto "banco do tempo Santiago"

16/10/08:: blog

colectivodanzon.blogspot.com, este é o blog do Colectivo donde pouco a pouco iremos poñendo as nosas opinions do que sucede

16/10/08:: Fotos da Gala da Danza

Desde hoxe xa están na web as fotos da gala a Danza celebrada na Coruña. Son poucas fotos, polo que si tes algunha que queiras que figure na nosa web, fainolas chegar ao noso mail.

24/09/08:: Espectáculos RGTA

Xa están a disposicion do AGADIC os espectáculos ofrecidos pola compañía de baile do Colectivo para o primeiro semestre de 2009, da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

24/09/08:: Novos horarios curso 2008/2009

Xa están publicados os novos horarios para o curso que empeza, consultaos pinchando na pestaña de cursos

24/09/08:: ¿BAILAS OU JASTAS PISTA?

Hoxe comenza oficialmente o curso 2008/2009, esperamos tervos como compañeiros no colectivo, xa sexa comoalumnos ou como bailarins do grupo de baile da escola.

07/09/08:: Danzon baila en Foz

Danzón acua en Foz representando de novo o espectaculo "unha viaxe pola danza" acumulando así mais de medio centenar de representacións do devandito espectaculo

24/07/2008 :: Danzon baila en SINES-Portugal

No Festival de Músicas do Mundo, dentro do espectáculo "Marful, Salón de Baile" contouse coa colaboración dunha parella do Colectivo Danzón.Aquí podedes ver as fotos e vídeo

14/05/2008 :: Baile na Quintana o mércores 14 de maio

Na praza da quintana a partir das 22:00 horas hasta as 24:00h, dentro do programa "Ven bailar na Quintana"

08/05/2008 :: Actuación na I GALA SOLIDARIA DOWN COMPOSTELA

No colectivo estamos moi contentos de que a FUNDACION DOWN COMPOSTELA nos invitase a participar na gala que se celebra o dia 8 de maio no seu local da Avda de Ferrol en Santiago. Por razóns de espacio e da duración da gala imos presentar un numero de Tango, bailado de forma moi orixinal

15/04/2008 :: Actuación en Sada

Por razóns de forza maior o Colectivo vese obligado a suspender a presentación do espectaculo "TANGHOP" no Concello de SADA. Esta actuación estaba prevista para o dia 19 de abril. Pedimos disculpas pero pronto faremos unha "performance" sorpresa nesa vila.

01/04/2008 :: Gala do dia da Danza na Coruña

O Colectivo Danzón participa na celebración do día da Danza, no espectaculo organizado no Teatro Rosalía da Coruña, xunto con once compañias galegas, presentará o espectáculo "Tanghop". A gala celebraráse o día 12 de Abril no Teatro Rosalía, Vinde por alí.

29/01/2008 :: Baile de Antroido o mércores 30 de xaneiro

Na praza da quintana a partir das 22:00 horas hasta as 24:00h, dentro do programa "Ven bailar á Quintana"

11/10/2007 :: Sesion de bailoterapia cancelada

Por razóns alleas a nosa vontade hoxe non poidemos celebrar a sesion de bailoterapia nin o dia da Aperta, que tiñamos programado. Pronto indicaremos na web o día no que imos a celebrar este evento.

11/10/2007 :: Bailoterapia nos barrios

Pronto comenzaremos a celebración de sesión de bailoterapia nos barrios e parroquias de Santiago. Estamos a cadrar as datas para que poidades participar todos.

04/10/2007 :: www.colectivodanzon.com

Xa se pode acceder a web mediante o dominio www.colectivodanzon.com

Agora o noso correo eléctrónico é colectivodanzon@colectivodanzon.com

24/09/07:: Comenzo do curso 2007/2008

Clases de baile de todo tipo e actividades. Horario de matrícula: Tódolos días de 19:00h a 22:00.
Contacto

24/09/07:: Sesións de bailoterapia na Praza Roxa- Santiago de Compostela

Gratuito, totalmente participativo, días 2,4, 9, y 11 de Outubro. O martes dia 2 a sesión comenza as 19:00h e na propia sesión comunicarase o horario da seguinte.

24/09/07:: Xoves día 11 de Outubro, día da Aperta en Santiago

Comenzamos na praza roxa e irémonos extendendo a medida que trasncurra o día.

24/09/07:: O local

O Colectivo Danzón pon a vosa disposición o seu local para festas de cumpleanos, ensaios, festas para nenos etc.. prezos moi económicos contatade con nos.

24/09/07:: Volven os "Xoves da Quintana"

Este curso recuperaremos os Xoves da quintana coas nosas sesións de "Ven Bailar", tangos, valses, pasodobles, salsa, merengues...etc.

23/03/07:: Moulin Rouge, Antroido 2004

Hoxe publicamos na galería fotos do antroido de 2004 Moulin Rouge

23/03/07:: Aberto o curdo de Maquillaxe

A partir de hoxe xa vos podedes matricular no curso de maquillaxe e efectos especiais

20/02/2007 :: "Danzón sen Trailler" en Santiago

Hoxe estivemos en Santiago presentando "Triller",este ano o desfile discurreu moi rápido, seguro que foi porque despois habia futbol.Nos quedamos contentos co resultado posto que o pasamos mo ben, bailamos moito que é do que se trataba. Como sempre o público pouco participativo, e no noso caso poidemos apreciar que a xente non coñecía o video de Michael Jackson. Por outra banda decir que tivemos un premio á parella, e un accesit, ou o que é o mesmo, vironse colmadas as nosas expectativas con creces. Ver galería

19/02/2007 :: Danzón sen "Trailler"

O Colectivo Danzón bailou no entroido de Pontevedra emulando os mellores tempos de Michael Jackson e o seu Triller. Actuació en pontevedra

Este ano no Colectivo optamos or facer unha carroza que nos dise pouco traballo e disfrutar mais do entroido facendo o que mais nos gusta que é bailar. Ademais tamen quixemos que o público que ve os desfile partcipase del, para elo os bailarins introducense entre o público animandoo e asustandoo, ao mesmo tempo que lles lanza balóns para que xoguen e fagan algo mais que mirar..

07/02/2007 :: Problemas de acceso a web (colectivodanzon.com)

Por problemas técnicos, o acceso a web do colectivo danzón farase mediante www.colectivodanzon.org
Perdoen as molestias.

07/02/2007 :: colectivodanzon.com

O Colectivo Danzón estrea a súa nova web oficial con información de todas as súas actividades.
O acceso és desde www.colectivodanzon.org ou www.colectivodanzon.com

Copyright © Colectivo Danzón 2007 - R/ Sánchez Freire, n° 105 baixo, Conxo - Santiago de Compostela