O noso grupo de baile--ESTE CURSO 2016 2017 , TRATAREMOS DE FACER UNHA SELECCION DE PARELLAS PARA VOLVER BAILAR OS ESPECTACULOS PREPARADOS E FACER NOVAS COREOGRAFIAS

O grupo de Baile do COLECTIVO DANZÓN naceu no 1995 en Santiago de Compostela. Un grupo de dez persoas que levaban xa tempo bailando decidimos crear un grupo que realizase espectáculos e presentase o Baile de Salón como un instrumento para realizar actuacións públicas nos distintos concellos galegos. Todos tiñamos clara unha mesma idea: o baile en parella pode servir para contar historias e facer disfrutar ao público, igual que calquera outro tipo de danza.

Compoñentes do COLECTIVO DANZÓN empezabamos este proxecto cunha bagaxe de coñecementos sobre o baile xa que todos levabamos tempo asistindo a diferentes cursos e tiñamos moitas ganas de seguir aprendendo. Así, aparecían os dous grandes obxectivo do grupo:

  • Formar un grupo de espectáculo que actuase por Galicia.
  • Seguir a aprender traendo a Santiago aos mellores profesores de distintas especialidades.

O grupo funcionou desde o principio como unha cooperativa artística (de aí o nome de Colectivo) que escapaba dos estereotipos sobre o Baile de Salón para presentar espectáculos innovadores nos que se mesturasen ritmos moi variados.

Nas súas actuacións durante estes anos o grupo ten desenvolvido números moi diferentes: Valse Lento, Valse Vienés, Slow Foxtrot, Quickstep, Pasodobre, Samba, Jive, Rumba, Chachachá, Tango Arxentino, Salsa, Merengue, Swing, Lindy Hop, Danza Contemporánea, Danza do Ventre, Danzas do Mundo, etc.

As actuacións do COLECTIVO DANZÓN percorreron nestes anos moitos quilómetros polas estradas galegas, chegando a concellos como: Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, Padrón, Dodro, Negreira, Santa Comba, Muros, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Carballo, Laracha, Arteixo, Cedeira, Moeche, As Pontes, Cariño, Ortigueira, Mañón, Vigarcía de Arousa, Illa de Arousa, Vilaboa, Pontevedra, A Estrada, Caldas de Reis, Lalín, Mondariz-Balneario, Xinzo de Limia, etc.

O COLECTIVO DANZÓN tamén ten actuado en diferentes programas da TVG, como Luar, O Tequelexou, Supermartes, De Galicia para o Mundo, A Repanocha, Encontros, etc.

Nestes anos temos desenvolvido diferentes espectáculos, con distintos argumentos e contando diversas historias. Entre eles gardamos un recordo especial do espectáculo “Unha viaxe pola danza”, que se representou en moitos escenarios con gran acollida por parte do público.

No COLECTIVO DANZÓN, como xa dixemos, preocupounos moito desde o principio a formación e por iso asistimos ou organizamos cursos moi variados con profesores como: Toni Pinto (Baile de salón), Ronnie Lekoch (Baile de Salón), Pablo Ojeda e Beatriz Romero (Tango arxentino), John Wise (Baile de Salón), Carmen e LLuis de Balliball (Swing e Lindy Hop), Marcos Orsi (Claqué),

Contratacións nos seguintes programas

Contacto no Colectivo Danzón
Contratación coa Rede Cultural da Diputacion da Coruña
Contratación coa Rede Galega de Teatros e Auditorios
 
Copyright © Colectivo Danzón 2007 - R/ Sánchez Freire, nº 105 baixo, Conxo - Santiago de Compostela