Espectáculos ano 2010
Este ano temos varios espectáculos que podedes contratar. Como se pode ver, cada un deles ten unha temática distinta de tal forma que, excepto “Unha viaxe pola Danza” e “a edade das árbores” que mesturan distintos tipos de bailes e músicas de autores ben distintos, o outro“ "tanhop"“, ten en conta o distinto tratamento que actualme se está a dar ao tango, mesturando con ritmos como o Hip Hop, o o cha cha cha.Tamén estamos a preparar “Mafia espectaculo baseado na saga de peliculas "O Padriño"
Animación
Este ano tamén estamos a ofrecer duas actividades de animación, a primeira delas a que chamamos "Festa total", é un grupo de tres espectáculos diferentes que se incluirian nas festas patronais, en defuntos (samaín) e en Nadal. Os espectáculos discorren a modo de pasacalles, e contan co "atrezzo" e vestiario de "Moulin rouge", "Triller" e "Mary Poppins".
A segunda actividade consiste en facer un taller de "bailoterapia" es espacios abertos. Esta actividade é participativa, e ten un fin terapeutico de relax, tonificación muscular e danza. Durante a realización da actividade ponse a disposición dos asistentes e de forma gratuita froita do tempo, xa que durante a actividade necesitase aportación de liquidos e de enerxia, E unha actividade pensada para realizar nos meses de mais calor en lugares como praias, piscinas abertas, prazas, etc.
Prema aqui para ver as contratacións
A continuación mostrámosvos as CLAVES do grupo e da entidade para contratarnos pola Rede cultural da DIPUTACION DA CORUÑA.
Descarga o Adobe Reader
|