Cursos programados
Batuka
Se non tes parella ou queres bailar de modo individual, este é o teu curso. Nas clases apréndense figuras e movementos de diferentes bailes latinos, como salsa, merengue, bachata, chachachá, jive, pasodobre, etc., pero estas figuras trabállanse de modo individual, sen precisar unha parella.
Con todo, durante as clases hai momentos nos que podemos collernos a outra persoa para facer algún movemento (un xiro, un cruce, un desprazamento, etc.). A idea é aprender estes bailes pero sen limitarnos a iso, tamén se fai un pouco de exercicio; ademais, a clase serve para relaxarse e deixar os problemas do día na rúa, levantando o ánimo. Non deixes de vir a clase polo feito de non encontrar parella, anímate e apúntate a este curso de Batuka, non te defraudará.
| HORARIOS |
| BATUKA |
MARTES de 20:00 a 21:00 |
| BATUKA |
XOVES de 20:00 a 21:00 |
Bailes de salón (social)
Introdución ao mundo do baile en parella, neste curso as parellas aprenden a desenvolverse nunha pista de baile: como collerse, como entender o ritmo, como levar á parella e como seguila, etc.
Trabállanse os ritmos máis comúns nunha verbena, unha festa, unha voda ou celebracións deste tipo (pasodobre, bolero, chachachá, valse, foxtrot, salsa e merengue). Deste modo, calquera persoa, aínda que non bailase nunca antes, pode moverse con soltura nestas circunstancias. É a mellor maneira de empezar a bailar e supón tamén unha aprendizaxe necesaria para cursos máis especializados.
| HORARIOS |
| INICIACION |
XOVES de 20:45 a 22:00 |
| INICIACION |
XOVES de 22:00 a 23:15 |
| INTERMEDIO |
MARTES de 22:00 a 23:00 |
| AVANZADO |
MERCORES de 22:00 a 23:00 |
Baile deportivo (competición)
Este curso entra na variante máis espectacular e técnica do Baile de salón, é o chamado Baile deportivo porque se concibe como tal e require a mesma precisión e entrenamento que outro deporte. Trabállanse os dez ritmos de competición existentes na actualidade: Valse lento, Slow Foxtrot, Quickstep, Valse Vienés e Tango no campo dos Baile Modernos ou Standard; Rumba, Chachachá, Jive, Pasodobre e Samba no campo dos Bailes Latinos.
As parellas asistentes a este curso deberían ter xa un certo coñecemento dos aspectos básicos do baile; por iso, recomendamos empezar polo curso de Baile Social, xa que alí se aprenden moitos elementos que logo son fundamentais no Baile Deportivo
| HORARIOS |
| B.DEPORTIVO |
MARTES de 21:00 a 22:00 |
| B.DEPORTIVO |
XOVES de 22:30 a 23:30 |
Tango arxentino
O Tango arxentino é un dos bailes con máis carácter do mundo; como se di decote é “un sentimento triste que se baila”; a súa aprendizaxe é mais doada do que parece e permite desenvolverse nunha pista en apenas un mes de clase. Ademais, o Tango arxentino é un ritmo que engancha aos bailaríns e bailarinas dun modo incríbel, creando auténtico “forofos” que non teñen reparo en desprazarse a grandes distancias para asistir ás milongas (lugares onde se baila Tango). No curso ensínanse os fundamentos do tango, pasos iniciais, agarre da parella, equilibrio e postura, técnica de homes e de mulleres, figuras en parella,etc.
Nas clases pódese tamén aprender a diferenciar e bailar os tres ritmos característicos deste baile: tango, milonga e “vals criollo”. Incídese moito na interpretación da melodía de modo que cada parella poda estar creando o se u baile en cada música que escoiten, escapando da creación de coreografías e fomentando a creatividade.
| HORARIOS |
| INICIACION |
XOVES de 21:30 a 22:30 |
| AVANZADO |
MARTES de 22:30 a 23:30 |
Bailes latinos (salsa, merengue, bachata...)
Nos últimos anos vivimos unha explosión dos ritmos latinos, o merengue, a bachata, a salsa, o chachachá, etc. A súa forza, sensualidade e atractivo fan que moitos afeccionados á danza se inclinen por estes bailes.
No curso, organizado en tres niveis, ensínase a entender estes ritmos, a utilizar o corpo para interpretalos, a indicarlle á parella o que queremos bailar, a entender o que a nosa parella nos indica, tamén as figuras características de cada baile (con dificultade crecente segundo pasamos de curso) e as peculiaridades de cada un deles. Os resultados son evidentes e, en dúas ou tres clases, as parellas xa poden bailar con certa soltura este tipo de música.
| HORARIOS |
| INICIACION |
MERCORES de 21:00 a 22:00 |
| INICIACION |
MARTES de 22:30 a 23:30 |
| INTERMEDIO |
XOVES de 21:30 a 22:30 |
| AVANZADO |
MARTES de 22:30 a 23:30 |
| SALSA AVANZADO |
SABADOS ALTERNOS de 18:00 a 20:00 |
Sevillanas
Un curso no que se poden aprender os segredos deste baile, asociado de modo inmediato con Andalucía, a Feira de Abril e a romaría do Rocío.
Organizado a partir de catro grupos de tres figuras cada un. As clases permiten aprender os movementos, aclopalos á música e mover o corpo e as mans de modo auténtico. Así, o alumnado deste curso pode integrarse perfectamente en calquera festa rocieira e saír a bailar sen complexos este baile. Unha ocasión inmellorable de achegarse a un ritmo coñecido en todo o Planeta.
| HORARIOS |
| INICIACION |
LUNS de 20:30 a 21:30 |
Ximnasia de mantemento
Para calquera persoa resulta imprescindible unha forma física mínima. nesta clase o que se pretende e acadar esta forma física dunha maneira divertida, sen que acadala supoña nengun esforzo.
O ideal é iniciarse na infancia e ir traballando segundo se medra; con todo, tamén se pode empezar con máis idade. De feito, nunca é tarde para aprender a técnica de corpo, de pernas, de brazos e cabeza; o equilibrio, desprazamentos, xiros, etc. Non deixes pasar esta oportunidade.
| HORARIOS |
| XIMNASIA DE MANTEMENTO |
MARTES de 19:00 a 20:00 |
| XIMNASIA DE MANTEMENTO |
XOVES de 19:00 a 20:00 |
Danza do ventre
Esta é unha danza de orixe oriental pensada inicialmente como unha preparación para o parto e desenvolvida en distintos países de modo que se poden diferenciar diversos estilos e modos de bailar. O curso ensina a entender este ritmo, a súa idiosincrasia e características.
Fóra de todo estereotipo, este baile non está pensado para agradar aos homes do haréns; a muller baila para ela, para disfrutar co seu corpo e interpretar a música de xeito totalmente libre. Tamén é un tópico pensar que é unha danza só para mulleres, os homes tamén poden aprender a bailar estes ritmos.
| HORARIOS |
| TODOLOS NIVEIS |
MERCORES de 22:00 a 23:00 |
| TODOLOS NIVEIS |
XOVES de 21:30 a 22:30 |
Break dance
Nacido nas rúas dos Estados Unidos, este baile chegou ao noso país xa hai tempo e tivo unha excelente acollida entre os mozos e mozas, que adoptaron un estilo propio de moverse, de falar, de cantar, incluso de vestir. Este baile utiliza unha forma de entender o movemento e traballar con todo o corpo para lograr posicións e movementos peculiares do Break Dance.
O curso permite interpretar coreografías e realizar bailes diferentes con cada música que se escoite, interpretándoa individualmente. Sempre se busca ensinar aos participantes a crear os seus bailes a partir da aprendizaxe de figuras. Aínda que parece un curso dirixido a nenos e nenas, está aberto a todas as idades, sen distinguir homes de mulleres: poden asistir rapaces, adultos, etc. Non hai perigo de lesións nin de fracturas, só fai falla ter ganas e dedicarlle un pouco de tempo.
| HORARIOS |
| INICIACION |
LUNS de 18:30 a 20:30 |
| INICIACION |
MERCORES de 17:00 a 19:00 |
| INICIACION |
XOVES de 18:30 a 20:30 |
| INICIACION |
VENRES de 18:30 a 20:30 |
Street Dance
O curso utiliza música e ritmos moi actuais, como o Hip Hop, Dance, House, Máquina, etc. A base son os movementos que podemos observar nos bailaríns que acompañan a calquera cantante, as persoas que traballan como gogós nas discotecas, os corpos de baile dos espectáculos musicais, etc.
Nun principio a dificultade do curso está na interpretación musical, en aproveitar os seus puntos fortes e acoplalos ao noso corpo e características para sacarlle o maior partido posible. É un curso dirixido a todas as idades, no que poden bailar xuntos maiores e pequenos, nenos e nenas, amigos, pais e fillos, etc. Os asistentes poden sacarlle moito partido á hora de ir bailar ás discotecas, pubs, etc., xa que en seguida poden ver o froito do esforzo e das clases.
| HORARIOS |
| INICIACION |
VENRES de 19: a 20:00 |
| AVANZADO |
VENRES de 20:00 a 21:00 |
Let´s Dance (nenos/as)
Este curso está dirixido aos nenos e nenas, para que podan aprender dúas cousas diferentes ao mesmo tempo: por un lado, aprenden movementos e coreografías de baile moderno, con música moi actual que eles escoitan con agrado; por outra banda, a clase impártese en inglés, a profesora non lles fala noutro idioma, para que podan ir aprendendo vocabulario e podan ir entendendo o idioma sen esforzo e case sen decatarse disto.
O obxectivo do curso é que disfruten e se divirtan bailando e, de paso, que vaian aprendendo un idioma que hoxe vemos case como imprescindible. Polo tanto, hai que animarse, o curso non resulta nada difícil e a capacidade de aprender que teñen os nenos e as nenas é enorme; de feito, os resultados de cursos anteriores son sempre estupendos.
| HORARIOS |
| LET´S DANCE |
SABADOS de 12:00 a 13:00 |
|