Colectivo de baile Danzon

O COLECTIVO DE BAILE DANZÓN, é unha asociación cultural cuxa finalidade é a promoción de actividades de baile de todo tipo, aínda que dándolle maior relevancia ao Baile de Salón. No ano 1995, un momento en que o Baile de Salón en Galicia non tiña unha tendencia clara posto que era unha actividade relativamente nova aquí e que practicabamos un reducido grupo de personas, os fundadores do COLECTIVO DANZÓN decidimos que era necesario a creación dunha entidade que tratase de manter de maneira organizada, estable e digna esta modalidade de baile, mediante a organización de cursos con profesores de alto nivel procedentes doutras comunidades e que mantivesen posicións distintas entre eles para poder obter máis de un punto de vista e, polo tanto, unha maior riqueza creativa.

Outro dos obxectivos da Asociación foi sacar o Baile de Salón dos recintos cerrados de competición e facer del unha actividade accesible a todo tipo de personas, tivesen ou non expectativas de competición. Para conseguir este obxectivo puxéronse en marcha unha serie de actividades; entre elas, as máis relevantes foron un baile semanal todos os venres nunha discoteca de Santiago de Compostela, “Os xoves da Quintana” ou “Ven Bailar” que era un baile aberto celebrado na praza da Quintana de Santiago. Tamén se organizaron participacións no Entroido mediante a posta en marcha de comparsas e carrozas, sempre coa actividade de baile como motivo central das mesmas.

Quizais do que nos sentimos mais orgullosos no COLECTIVO DE BAILE DANZÓN é da posta en funcionamento dun grupo de baile, único en Galicia, no que se realizan coreografías en grupo de Baile de salón cun fío conductor, que fai que cada pouco exista un novo espectáculo cunha temática distinta, un vestiario axeitado, e sempre identificable no ambito do Baile de Salón

Para poñer en marcha todo isto, e co único e mundano obxectivo de poder financialo, simultaneamos toda esta actividade cunha Escola de baile na que impartimos toda clases de bailes; desde os específicos de Baile de Salón, até Claqué, pasando por Danza do Ventre, Lindy-hop, Hip- hop, Tradicional galego, Sevillanas, Baile Moderno, Danza Clásica e Contemporánea etc.

Non queremos rematar esta pequena presentación sen lembrar algo fundamental: todas as persoas e entidades que nos apoiaron e que nos seguen apoiando e, especialmente, aos alumnos, agora amigos; tamén aos distintos bailaríns que pasaron polas diversas formacións do grupo de baile, aos nosos profesores, a todos, sempre membros do COLECTIVO DE BAILE DANZÓN, a moitos dos cales poderedes ver na Galería de fotos. A todos eles, sempre GRAZAS

Copyright © Colectivo Danzón 2007 - R/ Sánchez Freire, nº 105 baixo, Conxo - Santiago de Compostela