O colectivo Danzon quere desexarvos felices festas con este video
30/11/09::Exitoso 1º MAGOSTO bailado
Pese ao temporal de chuvia evento que tivemos,bastantes amigos pasaros polo magosto.Inda que no bailamos moito, si que comemos castañas ( e bebemos viño)
25/10/09::1º MAGOSTO bailado o dia 28 de novembro
Dentro das actividades de conmemoracion do noso 15º Aniversario, o dia 28/11/09 celebraremos o MAGOSTO no campo de Conxo, en colaboración co centro sociocultural, VEN BAILAR!! e a comer castañas, claro
20/11/09:: Latinos "Estilo Femenino" con NEREA ALCONADA dia 29/11/09
O dia 29 de Novembro as 18:30 celebramos unha nova clase de latinos "estilo femenino", dado o límite de alumnos é importante que vos inscribades canto antes, facedeo ou chamando a Loli (tlf.- 639837923) ou escribindo ao noso enderezo electrónico.
25/10/09:: Estes erámos Danzón hai 15 anos ¡¡Feliz aniversario!!
25/10/09:: 15º Aniversario na Festa lantina de Xinzo
O Colectivo de baile Danzón iniciou as celebracións do seu 15º cumpleanos na festa latina que organizou Danzón "A Limia" en Xinzo. Gracias a todos por vir e por compartir este dia con nós. Queremos tamén dalas gracias a tódalas persoas que co seu apoio axudaronnos a chegar hasta aqui (ex- membros, compañeiros do grupo de baile, alumnos, profesores...),tamén a aqueles que trataron de impedilo porque fixeronnod mais fortes, A todos MOITAS GRACIAS. (Pronto haberá mais fotos).
22/09/09:: seguimos Jastando Pista
Hoxe comenzamos oficialmente o curso 2009/2010, e celebramos o noso 15º Aniversario, o importante e que seguimos aqui, e o mellor e que temos xa 15 anos de experiencia ensinando a bailar. Este ano incorporamos á escola novos "profes", e modalidades como salsa en linea, Zouk, flamenco, claqué, ioga, Pilates, seguimos na linea de swing(lindy hop), todo elo sin sair dos clásicos de bailes de salon , Latinos, tango Bailoterapia. Esperamos verte pola nosa escola, e agardamo-la tua chamada para preguntar os horarios que hay dispoñibles este ano. VEN BAILAR!!
25/10/09:: Festa exhibicion Latinos2009
O Colectivo de baile Danzón quere dar as Gracias a tódolos participantes na festa, tanto artistas como público,en especial aos bailarins do colectivo Danzon, esto daranos folgos para tentar realizar o evento nos próximos anos.GRACIAS A TODOS-Pronto colgaremos unha galeria.estade atentos e non dudedes en pedirnos algunha foto das que vexádes.
26/06/09:: Hoxe finou Michael Jackson
Desgraciadamente, hoxe no mundo do baile non temos nada que celebrar, alguén estará camiñando sobre a lúa, O colectivo Danzon súmase á dor mundial pola perda, Nos quedamonos coa homenaxe que lle fixemos fai dous anos coa coreografia de Thriller, e cuias fotos podes ver no enlace de fotografias, porque entendemos que o mundo do baile actual non pode explicarse sen os pasos e as coreografias de Michael. Pero o espectaculo debe continuar, e nos bailamos, hoxe en Santiago en mañán en Xinzo, sirva de nova homenaxe, co noso agradecemento ao que MICHAEL fixo polo baile
04/05/09:: 2º Curso de Salsa Estilo femenino
O dia 17 de maio, , celebraremos o 2º curso salsa estilo femenino, a profesora invitada é NEREA ALCONADA, inscrpción no noso mail ou no teléfono de loly 639837923
16/02/09:: 3º Curso de Salsa intensivo Marzo 2009
O dia 15 de marzo,es tras o exito das primeiras convocatorias, celebraremos o 3º curso intensivo de salsa, nas mesmas condicions que o anterior no referente aprecio e matrícula
16/02/09:: Intensivo de Baile Americano 2009
Estamos organizando para o mes de abril unha fin de semana intensiva de baile americano, Lindy - hop, claqué, charleston, fox.tot, e country, si estades interesados contactade no mail, para poder fixar unha data que nos veña ben a todos.
16/02/09:: BarSWINGona 09
Es ano os amigos de ballyball de Barcelona avisannos que en semana santa é o festival de SWING e lindy hop, xa sabedes si queredes ir ciontactade con nos, cantos máis sexamos ....máis barato.
16/02/09:: 2º Curso de Salsa intensivo Marzo 2009
O dia 1 de marzo, despois de votar (si queredes), es tras o exito da primeira convocatoria, celebraremos o 2º curso intensivo de salsa, nas mesmas condicions que o anterior no refernte aprecio e matrícula
02/02/09:: Curso de Salsa intensivo Febreiro 2009
O dia 15 de febrero (domingo) celebraremos un curso Intensivo de bailes latinos cos profesores Belén e Luis Novo. Para inscribirse solo tedes que enviar un e-mail ao noso enderezo electronico. O prezo é de dez Euros por hora, e o horario é de 18 a 20 horas
24/12/08::Bo Nadal
Este ano O colectivo Danzon quere desexarvos felices festas con este video
10/11/08:: Cartaz espectáculos 2009
Esta é a base do cartaz anunciador dos espectáculos do grupo/compañía de baile para o ano 2009, esperamos que vos guste, e xa sabedes se queredes que estemos no voso pobo ou cidade reclamádenos.
28/10/08:: BANCO DO TEMPO
Pois en plena crise Bancaria o Colectivo quere poñer en marcha un Banco particular, é un banco de tempo. O sistema e sinxelo, simplemte trocar o teu tempo libre facendo cousas para os demais, recibindo a cambio (interés) servicios que os demáis prestan no seu tempo libre. Si te apetece pertenecer a este banco, axudanos apoñelo en marcha, contactando no noso enderezo electrónico, poñendo no asunto "banco do tempo Santiago"
16/10/08:: blog
colectivodanzon.blogspot.com, este é o blog do Colectivo donde pouco a pouco iremos poñendo as nosas opinions do que sucede
16/10/08:: Fotos da Gala da Danza
Desde hoxe xa están na web as fotos da gala a Danza celebrada na Coruña. Son poucas fotos, polo que si tes algunha que queiras que figure na nosa web, fainolas chegar ao noso mail.
24/09/08:: Espectáculos RGTA
Xa están a disposicion do AGADIC os espectáculos ofrecidos pola compañía de baile do Colectivo para o primeiro semestre de 2009, da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
24/09/08:: Novos horarios curso 2008/2009
Xa están publicados os novos horarios para o curso que empeza, consultaos pinchando na pestaña de cursos
24/09/08:: ¿BAILAS OU JASTAS PISTA?
Hoxe comenza oficialmente o curso 2008/2009, esperamos tervos como compañeiros no colectivo, xa sexa comoalumnos ou como bailarins do grupo de baile da escola.
07/09/08:: Danzon baila en Foz
Danzón acua en Foz representando de novo o espectaculo "unha viaxe pola danza" acumulando así mais de medio centenar de representacións do devandito espectaculo
24/07/2008 :: Danzon baila en SINES-Portugal
No Festival de Músicas do Mundo, dentro do espectáculo "Marful, Salón de Baile" contouse coa colaboración dunha parella do Colectivo Danzón.Aquí podedes ver as fotos e vídeo
14/05/2008 :: Baile na Quintana o mércores 14 de maio
Na praza da quintana a partir das 22:00 horas hasta as 24:00h, dentro do programa "Ven bailar na Quintana"
08/05/2008 :: Actuación na I GALA SOLIDARIA DOWN COMPOSTELA
No colectivo estamos moi contentos de que a FUNDACION DOWN COMPOSTELA nos invitase a participar na gala que se celebra o dia 8 de maio no seu local da Avda de Ferrol en Santiago. Por razóns de espacio e da duración da gala imos presentar un numero de Tango, bailado de forma moi orixinal
15/04/2008 :: Actuación en Sada
Por razóns de forza maior o Colectivo vese obligado a suspender a presentación do espectaculo "TANGHOP" no Concello de SADA. Esta actuación estaba prevista para o dia 19 de abril. Pedimos disculpas pero pronto faremos unha "performance" sorpresa nesa vila.
01/04/2008 :: Gala do dia da Danza na Coruña
O Colectivo Danzón participa na celebración do día da Danza, no espectaculo organizado no Teatro Rosalía da Coruña, xunto con once compañias galegas, presentará o espectáculo "Tanghop". A gala celebraráse o día 12 de Abril no Teatro Rosalía, Vinde por alí.
29/01/2008 :: Baile de Antroido o mércores 30 de xaneiro
Na praza da quintana a partir das 22:00 horas hasta as 24:00h, dentro do programa "Ven bailar á Quintana"
11/10/2007 :: Sesion de bailoterapia cancelada
Por razóns alleas a nosa vontade hoxe non poidemos celebrar a sesion de bailoterapia nin o dia da Aperta, que tiñamos programado. Pronto indicaremos na web o día no que imos a celebrar este evento.
11/10/2007 :: Bailoterapia nos barrios
Pronto comenzaremos a celebración de sesión de bailoterapia nos barrios e parroquias de Santiago. Estamos a cadrar as datas para que poidades participar todos.
Clases de baile de todo tipo e actividades.
Horario de matrícula: Tódolos días de 19:00h a 22:00. Contacto
24/09/07:: Sesións de bailoterapia na Praza Roxa- Santiago de Compostela
Gratuito, totalmente participativo, días 2,4, 9, y 11 de Outubro. O martes dia 2 a sesión comenza as 19:00h e na propia sesión comunicarase o horario da seguinte.
24/09/07:: Xoves día 11 de Outubro, día da Aperta en Santiago
Comenzamos na praza roxa e irémonos extendendo a medida que trasncurra o día.
24/09/07:: O local
O Colectivo Danzón pon a vosa disposición o seu local para festas de cumpleanos, ensaios, festas para nenos etc.. prezos moi económicos contatade con nos.
24/09/07:: Volven os "Xoves da Quintana"
Este curso recuperaremos os Xoves da quintana coas nosas sesións de "Ven Bailar", tangos, valses, pasodobles, salsa, merengues...etc.
23/03/07:: Moulin Rouge, Antroido 2004
Hoxe publicamos na galería fotos do antroido de 2004 Moulin Rouge
23/03/07:: Aberto o curdo de Maquillaxe
A partir de hoxe xa vos podedes matricular no curso de maquillaxe e efectos especiais
20/02/2007 :: "Danzón sen Trailler" en Santiago
Hoxe estivemos en Santiago presentando "Triller",este ano o desfile discurreu moi rápido, seguro que foi porque despois habia futbol.Nos quedamos contentos co resultado posto que o pasamos mo ben, bailamos moito que é do que se trataba. Como sempre o público pouco participativo, e no noso caso poidemos apreciar que a xente non coñecía o video de Michael Jackson. Por outra banda decir que tivemos un premio á parella, e un accesit, ou o que é o mesmo, vironse colmadas as nosas expectativas con creces.
Ver galería
19/02/2007 :: Danzón sen "Trailler"
O Colectivo Danzón bailou no entroido de Pontevedra emulando os mellores tempos de Michael Jackson e o seu Triller.
Este ano no Colectivo optamos or facer unha carroza que nos dise pouco traballo e disfrutar mais do entroido facendo o que mais nos gusta que é bailar. Ademais tamen quixemos que o público que ve os desfile partcipase del, para elo os bailarins introducense entre o público animandoo e asustandoo, ao mesmo tempo que lles lanza balóns para que xoguen e fagan algo mais que mirar..
07/02/2007 :: Problemas de acceso a web (colectivodanzon.com)
Por problemas técnicos, o acceso a web do colectivo danzón farase mediante www.colectivodanzon.org
Perdoen as molestias.
07/02/2007 :: colectivodanzon.com
O Colectivo Danzón estrea a súa nova web oficial con información de todas as súas actividades.
O acceso és desde www.colectivodanzon.org ou www.colectivodanzon.com